segunda-feira, 21 de agosto de 2017

Sentar as bases para a Galiza soberana

A mobilización masiva neste Día da Patria Galega ten que servir para que o nacionalismo saia fortalecido e sexa capaz de dar máis un paso decisivo para gañar a maioría social para a causa da soberanía da Galiza. O momento político non é fácil, mais tamén se abren vías polas que podemos camiñar.

Con efecto, hoxe o debate político no Estado español xira arredor da cuestión nacional e iso, a pesar da notoria ausencia da Galiza como nación -especialmente após perder a voz soberana no Congreso-, pode ser unha oportunidade se a soubermos aproveitar. É claro que o proceso de independencia de Cataluña é agora mesmo o principal factor de cuestionamento do sistema político español, monárquico e centralista, e o único que neste momento o coloca en risco real de ruptura.

ERGA, pilar na conformación do nacionalismo contemporáneo

O nacionalismo galego contemporáneo fraguouse e fogueouse nos difíciles anos da ditadura franquista, na loita política e popular clandestina, cun custo durísimo de entrega militante e de represión por parte do sistema. Mais a grande proba de fogo pasouna, sen dúbida, nos anos que van desde a morte do ditador até a estabilización dun novo rexime político español formalmente democrático, a chamada Transición. Ese tempo político voraz levou por diante múltiplas organizacións políticas e sociais que agomaran nos últimos anos da ditadura e mesmo se expandiran de forma importante no primeiro post-franquismo. Non aconteceu iso co nacionalismo galego, tampouco no ámbito estudantil.

segunda-feira, 27 de fevereiro de 2017

Crece o BNG, avanza Galiza

Sinatura do protocolo de integración da FOGA no BNG
O BNG encara a realización, no próximo mes de marzo, da XVI Asemblea Nacional co obxectivo de que sirva para o relanzamento do nacionalismo na sociedade galega e permita consolidar o proceso de recuperación de apoio político e de crecemento organizativo nun contexto en que o nacionalismo é máis necesario do que nunca para a sociedade galega.

Con efecto, o día a día permite constatar, mais unha vez, como só unha forza nacionalista como o BNG é capaz de colocar sempre por diante os intereses do pobo galego, dos traballadores e traballadoras do noso País, fronte ao seguidismo das direccións madrileñas que practican o conxunto das forzas españolas. Unha constatación que nos leva á necesidade de fortalecer un proxecto político que representa a ruptura desde nós co réxime deshumano e corrupto de 78 e a mudanza real para a Galiza.

domingo, 12 de fevereiro de 2017

Fidel, de ícone a exemplo

Nos anos 60, no quadro do imenso impacto que teve no mundo inteiro o triunfo de uma revolução popular e patriótica que foi capaz não apenas de derrotar uma ditadura, mas de fazer frente ao imperialismo norte-americano, algumas imagens tornaram-se icónicas. Com certeza, as do Che, particularmente o retrato que lhe tirara Alberto Korda. Mas também as de Fidel, encarando o tribunal que o condenou após o assalto ao Quartel Moncada -”A história absolverá-me”-,  fuzil na mão celebrando a vitória revolucionária ou marchando polas ruas da Havana, ombro com ombro com Guevara, Dorticós e outros dirigentes da Revolução.

quinta-feira, 8 de dezembro de 2016

Sumar para avanzar, sumar para a liberdade

Hai agora 100 anos un grupo de homes e mulleres, conscientes da dificil situación da lingua e do País como consecuencia da marxinación e da dependencia, decidiu que era hora de se comprometer e actuar para mudar as cousas. Querían unha Galiza libre e próspera, dona do seu destino, en que poder vivir e traballar e en que poder utilizar a nosa lingua con normalidade. A fundación das Irmandades da Fala en 1916 (e a 1ª Asemblea Nacionalista, que realizan en 1918) marcan o comezo dunha nova etapa na nosa nación, que parte da vontade de actuar politicamente como tal.

Nacionalismo, única garantía de mudanza real

Quero comezar por agradecer inmenso a vosa presenza hoxe aquí porque, para alén de manifestación de tributo á memoria do noso camarada asasinado, Moncho Reboiras, é tamén expresión do voso compromiso activo non apenas con este Partido, senón co nacionalismo e coa causa da liberdade da Galiza. Un compromiso hoxe máis necesario do que nunca, nun momento en que o rexime aplica toda sorte de argucias e estratexias para tratar de nos desactivar e todos os recursos políticos e electorais ao seu alcance para tentar illar e debilitar o nacionalismo. Non o van conseguir, nin coas tradicionais -de teor sempre agresivo, cando non directamente coercitivo- nin tampouco coas máis 'modernas' e subtís, máis próximas da teórica sedución, palabra tan na moda política.

BNG-Nós, o voto da dignidade

Se nós propios non nos defendemos, ninguén o vai facer por nós. Máis que unha frase adecuada ao caso, isto é unha realidade constatada día a día. Sempre se di que non hai mellor mestra que a experiencia. Pois ben, reparemos no que nos ensinaron os últimos meses.

No pasado 20 de decembro moitas persoas votaron co criterio de que o seu voto fose útil para desaloxar o PP do goberno e depositaron a confianza en opcións que vían como mellor posicionadas para lograr ese obxectivo, ao tempo que tamén se identificaban como portadoras da voz da Galiza. Pois ben, comprobamos nestes meses que non fixeron nin unha cousa nin outra: priorizaron os intereses partidistas fronte aos colectivos e -en lugar de se poren de acordo- deron unha nova oportunidade ao PP de se situar en posición de formar goberno. Mais o realmente grave é que esqueceron totalmente o compromiso de defenderen os intereses da Galiza, dos galegos e galegas, dos traballadores e traballadoras deste País.